“O proxecto “BALDAIO PARAISO GOURMET” é un proxecto levado a cabo pola empresa “CAMPING BALDAYO, S.L.” a través da súa socia e administradora MERCEDES NOELIA FERNANDEZ RODRIGUEZ que foi apoiado con unha importante axuda económica pola Unión Europea e a Consellería do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e que alcanzou os seus obxectivos previstos de poñer en marcha un novo e innovador restaurante de dous garfos ubicado no espazo natural de Baldaio, no municipio de Carballo (A Coruña) fomentando a contratación de mulleres nunha actividade que defende, colabora e consolida ó mantemento e proxección das actividades marítimo pesqueiras na Costa da Morte. É de destacar que este proxecto axuda a consolidar o mantemento e establecemento de varias familias nas vilas costeiras da Costa da Morte ó ter importantes implicacións en un variado conxunto de actividades vinculadas co restaurante. Polo tanto incrementamos o emprego e a cohesión territorial. Así mesmo tamén apostamos polas novas tecnoloxías e implantamos ó último en programas de xestión e equipos informáticos así como unha importante presencia na internet e nas diferentes redes sociais.”
CAMPING - BALDAYO
Camping Baldayo S.L.
TLF : 981 739 529
FAX : 981 739 529